“Grave discriminación por motivos lingüísticos” sufrida por unha cidadá galegofalante no comercio K-Tuin.
A Mesa recibíu , a través da Liña do Galego, o testemuño dunha agresión lingüística sufrida por unha cidadá á que lle foi negado o seu dereito a empregar a nosa lingua nun negocio de Vigo e, chegado o momento, a recibir unha folla de reclamacións na que poder reflictir a situación vivida. A persoa agredida denuncia “manobras intimidatorias” para evitar a queixa por parte do persoal do establecemento, que -segundo asegura- chegou a dicirlle que “non queren clientes coma min”.