📢"A RPT é para hoxe e non para mañá"
👉O persoal municipal do Concello Cariño saíu o pasado sábado en manifestación en protesta pola falta de avances na negociación e aprobación da Relación de Postos de Traballo, a precariedade laboral e a deterioración dos servizos públicos
📍O próximo xoves día 6 -coincidindo coa celebración do pleno municipal- volverán mobilizarse para que o Goberno local e a Corporación “escoiten as nosas demandas e poñan solución a este conflito”