Hoxe despedimos a Xosé Manuel Beiras, mestre do pensamento crítico e voz dunha Galiza máis xusta e libre. Queda o seu legado intelectual, a súa rebeldía e o compromiso cun país e coa súa xente. Grazas por pensar, por ensinar e por non calar.
Até sempre, mestre.
A Mesa expresa o seu fondo pesar polo pasamento do seu socio Xosé Manuel Beiras. O seu compromiso político e social estivo sempre ligado ao compromiso coa defensa da normalización da lingua galega.
Queremos enviar un grande abrazo á súa familia, amizades e compañeiros e compañeiras.
Devolverémoslle a mostras de cariño e apoio que sempre nos transmitiu, continuando o traballo colectivo pola lingua galega